MigallasTeatro
MigallasTeatro's Channel
 
MigallasTeatro has no videos available.
 
Profile
 
Name
MigallasTeatro
Description
A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.

Pretendemos facer un teatro comprensible, crítico e entretido para todos e todas bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá e cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.

Nos nosos espectáculos tratamos pois temas de todos os días a través de personaxes inspirados na realidade, pero cun aquel de ficción.

Dende o ano 1996 temos realizado unha media de 70 representacións por ano o que suma unhas 1000 actuacións como compañía profesional.

Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos levamos a cabo talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc.

Na cidade de Pontevedra coordinamos desde o ano 1998 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical "Á procura do tesouro" que organiza cada ano o Concello
Subscribers
1.88K
Subscriptions
Friends
Channel Comments
There are no comments for this user.
userid get finish at: 0.00 clean innertube fetch finish at: 0.60 main response parse finish at: 1.30 getAdditionalSections finish at: 1.50 applyHTML finish at: 1.50